Subvención para financiar os gastos do persoal técnico nos servizos municipais de cultura en 2024

O Concello de Boiro recibe da Deputación da Coruña unha subvención para financiar gastos de persoal técnico nos servizos municipais de cultura en 2024.

O importe da subvención concedida é de 15.000 euros que se van empregar para o financiamento dos gastos de persoal técnico do departamento municipal de Cultura. 

O Concello de Boiro conta cun departamento de Cultura que se ocupa de deseñar, programar e impulsar actividades culturais no municipio que favorezan a promoción e difusión da programación cultural. Ademais elabora propostas de programas propios como axendas culturais para todo o ano e tamén en datas específicas como o Entroido, Letras Galegas, Festas do Verán, Nadal… 

persoal deporte

Subvención para limpezas de praias marítimas no ano 2024

O Concello de Boiro recibe da Deputación da Coruña unha subvención para limpeza de praias marítimas durante o ano 2024. 

O importe da subvención é de 25.581,78 euros que se van destinar á contratación do persoal para limpeza dos areais. 

 

DepCor horiz

Subvención para a contratación de persoal para a execución de obras e servizos municipais (PEL-Concellos 2024)

O Concello de Boiro recibe da Deputación da Coruña unha subvención para a contratación de persoal para a execución de obras e servizos municipais dos Concellos da provincia (PEL-Concellos 2024). 

O importe da subvención recibida é de 52.000 euros que se van destinar á contratación de peóns de servizos varios que presten colaboración en aqueles servizos básicos e esenciais dos concellos. 

DepCor horiz

|